"Oíndo, sabemos. Escoitando, comprendemos. Observando, comprobamos. Pensando, entendemos. Reflexionando, xuzgamos. Facendo, aprendemos. Vivindo, crecemos."



lunes, 18 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013
Este ano no CRA Raiña Aragonta, o tema do Entroido foi "películas" e despois de buscar e rebuscar atopamos unha que nos ía moi ben co tema que estamos a traballar "Planet 51", polo que os nenos de 4 anos A disfrazámonos de marcianitos. Aquí tendes algunhas fotos.
 

viernes, 15 de febrero de 2013

Os primeiros cumples do 2013: Guille e Ainhoa xa teñen 5 anos. MOITAS FELICIDADES!!


Preparándonos para ser...

 ASTRONUTAS

A semana pasada comezamos a nosa preparación para ser astronautas e poder viaxar entre planetas e constelacións. 

O primeiro experimento foi pintar leite de cores. Soamente necesitabamos: leite e o ingrediente segredo: "sangue de dragón" que todavía tiñamos gardada do Samaín. 

Despois todos poidemos probala, mmmm.... estaba moi boa.

Pouco a puco iremos completando a nosa formación.

 


DÍA DA PAZ 2013

           Como cada ano, on nenos de 4 anos A festexamos o día da Paz. Entre outras actividaes que realizamos na aula, colaboramos co resto de nenos do cole, na realización dunha pomba da Paz moi peculiar, feita cos tapóns que aportades as familias. Gracias aos tapóns conseguimos que nenos enfermos poidan mellorar a súa vida, polo que "os tapóns son vida" e entre todos quixemos elaborar unha pomba chea de vida.

 

Este foi o resultado final