"Oíndo, sabemos. Escoitando, comprendemos. Observando, comprobamos. Pensando, entendemos. Reflexionando, xuzgamos. Facendo, aprendemos. Vivindo, crecemos."



viernes, 10 de mayo de 2013

ANIVERSARIO SAÚL
O pasado mes de abril, celebramos na aula os cinco anos de Saúl e pasámolo así de ben.

viernes, 19 de abril de 2013

Os primeiros raios de sol da primaveira

Xa estabamos desexosos de sol, polo que cos primeiros raios da primaveira, os nenos do cole saímos a merendar ao patio, e os de 4 anos A non íamos ser menos, aquí estamos disfrutando do noso particular "picnic escolar"


martes, 16 de abril de 2013

Punto e final

A semana pasada, os nenos de 4 anos A demos por rematado o proxecto "Mirando ao ceo" que tanto nos enganchoudurante estes meses. Xa que foi unha temáica que nos gustou tantísimo, qué mellor maneira de porlle o derradeiro final que utilizando o universo como temática para a orla deste ano.

jueves, 21 de marzo de 2013

O NOSO PEDACIÑO DE UNIVERSO

Esta semana puxemos fin ao noso mural do universo. Para a súa elaboración utilizamos dende témperas ata sal, pasando por areas, lentellas... 

O mural ao completo.

jueves, 7 de marzo de 2013

A qué sabe a Lúa?

Os nenos de 4 anos A continuamos descubrindo cousas do universo, e agora é a quenda da lúa, para iso utilizamos, entre outros, o conto de Kalanadraka "A qué sabe a lúa?". Aqui vos deixo unha versión en castelán para poder facer facer a actividade proposta. Grazas polo vosa colaboración.


lunes, 18 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013
Este ano no CRA Raiña Aragonta, o tema do Entroido foi "películas" e despois de buscar e rebuscar atopamos unha que nos ía moi ben co tema que estamos a traballar "Planet 51", polo que os nenos de 4 anos A disfrazámonos de marcianitos. Aquí tendes algunhas fotos.
 

viernes, 15 de febrero de 2013

Os primeiros cumples do 2013: Guille e Ainhoa xa teñen 5 anos. MOITAS FELICIDADES!!


Preparándonos para ser...

 ASTRONUTAS

A semana pasada comezamos a nosa preparación para ser astronautas e poder viaxar entre planetas e constelacións. 

O primeiro experimento foi pintar leite de cores. Soamente necesitabamos: leite e o ingrediente segredo: "sangue de dragón" que todavía tiñamos gardada do Samaín. 

Despois todos poidemos probala, mmmm.... estaba moi boa.

Pouco a puco iremos completando a nosa formación.

 


DÍA DA PAZ 2013

           Como cada ano, on nenos de 4 anos A festexamos o día da Paz. Entre outras actividaes que realizamos na aula, colaboramos co resto de nenos do cole, na realización dunha pomba da Paz moi peculiar, feita cos tapóns que aportades as familias. Gracias aos tapóns conseguimos que nenos enfermos poidan mellorar a súa vida, polo que "os tapóns son vida" e entre todos quixemos elaborar unha pomba chea de vida.

 

Este foi o resultado final