"Oíndo, sabemos. Escoitando, comprendemos. Observando, comprobamos. Pensando, entendemos. Reflexionando, xuzgamos. Facendo, aprendemos. Vivindo, crecemos."



jueves, 24 de febrero de 2011

UN DÍA NO MONTE





Os nenos e nenas de 3 anos da Esfarrapada pasamos a mañá no monte e puidemos plantar unhas cantas árbores. Tivemos a axuda duns homes moi simpáticos, que nos explicaron como face-lo e de que se alimentan e viven as árbores do monte. Tamén visitamos un muíño. Foi unha mañá distinta e ademáis de disfrutar un montón aprendimos unha morea de cousas.

martes, 15 de febrero de 2011

VISITA DO GORILA


Nas aulas de 3 anos tivemos a visita dun Gorila; VAIA SUSTO QUE LEVAMOS!!! pero que sorpresa cando nos enteramos de que era o noso amigo.

lunes, 14 de febrero de 2011

APRENDEMOS A RELAXARNOS



No cole de cando en vez tamén  aprendemos a nos relaxar, probade a face-lo cos vosos peques na casa e xa veredes que experiencia tan estupenda. Buscade unha música relaxante, baixade as luces e acompañade aos vosos peques neste momento maravilloso. O ideal é face-lo tras unha tarde de intensa actividade.