"Oíndo, sabemos. Escoitando, comprendemos. Observando, comprobamos. Pensando, entendemos. Reflexionando, xuzgamos. Facendo, aprendemos. Vivindo, crecemos."



martes, 13 de noviembre de 2012

MAGOSTEANDO

Ao final puidemos ir celebrar a festa das castañas ao Borralliño. Pasámolo "pipa": xogamos, cantamos, bailamos... e por suposto comemos castañas e mandarinas. Estas son algunhas das fotos que sacamos.

lunes, 5 de noviembre de 2012

MEDO NA ESCOLA

O pasado mercores 31 de outubro celebramos o Samaín na escola. Tivemos bruxas, magos, pantasmas, dráculas, esqueletes, zombies... e tamén tivemos a visita do "Señor dos Ollos do Silencio" que seguimos sen descubrir onde se escondeu. Foi unha mañá terrorífica onde o pasamos "de medo"...

sábado, 3 de noviembre de 2012

                                    KEITH HARING

Na aula de 4 anos A estamos a descubrir moitas cousas sobre o noso corpo, e neste proceso, descubrimos as obras de Keith Haring. 


Keith foi un dos iconos da xeración pop na ciudade de Nueva York, movemento encabezado por Andy Warhol. Comezou plasmando as súas obras en camiesetas e no metro desta cidade. Chegando a pintar sobre o muro de Berlín. 
As súas obras están basadas en siluetas, por iso axeitanse moi ben ao noso proxecto sobre o corpo.
                                           

A profe Geni explicounos moitas cousas deste artista.
                                    

Nos tamén experimentamos coas siluetas 



Noutra sesión fomos nos os artistas e comezamos a facer o noso propio cadro de siluetas. O resultado final queda para a próxima sesión

ANIVERSARIO DE MARTA E LUCIA

Marta e Lucía xa teñen 4 anos e esta foi a celebración dos seus cumples na aula.

ANIVERSARIO DE ANXO
O pasado mes de setembro Anxo cumpliu 4 anos, estas son as fotos da celebración no cole.

ANIVERSARIOS DO VERÁN
 Mentres estivemos de vacacións de verán Lola e Breo estiveron de aniversario e fai uns días que o celebramos no cole. Aquí tendes algunhas fotiños da celebración