"Oíndo, sabemos. Escoitando, comprendemos. Observando, comprobamos. Pensando, entendemos. Reflexionando, xuzgamos. Facendo, aprendemos. Vivindo, crecemos."



lunes, 17 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS!!
Qué mellor maneira de felicitarvos as festas que coa árbore de Nadal realizada cos bonecos de xenxibre que os nenos e nenas de 4 anos A decoraron coa colaboración das súas familias.


Aquí podedes ver o resultado final.

MOITISIMAS GRAZAS FAMILIAS

domingo, 2 de diciembre de 2012

Xogando co corazón

Xa para rematar o traballo de Keith Haring. Tomamos como fonte de inspiración as seguintes obras:

            


Puxémonos mans á obra e aquí podedes ver o ben que nolo pasamos.     
         

KEITH HARING

Ao longo destas últimas semanas continuamos traballando e coñeceendo a obra de Keith Haring na aula, coa axuda da profe Geni. Subimos a aula de audiovisuais e fixemos o noso propio cadro de siluetas grazas a un xogo de ordenador.     

Deixovos o enlace por se queredes xogar na casa:

 http://www.haringkids.com/coloringbook/index.html           

              

 





ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO 

O pasado mes de Novembro, Cloe e Xián cumpliron catro anos. Estas son as fotos da celebración dos seus cumples cos seus compañeiros. Moitas Felicidades!!!!!

martes, 13 de noviembre de 2012

MAGOSTEANDO

Ao final puidemos ir celebrar a festa das castañas ao Borralliño. Pasámolo "pipa": xogamos, cantamos, bailamos... e por suposto comemos castañas e mandarinas. Estas son algunhas das fotos que sacamos.

lunes, 5 de noviembre de 2012

MEDO NA ESCOLA

O pasado mercores 31 de outubro celebramos o Samaín na escola. Tivemos bruxas, magos, pantasmas, dráculas, esqueletes, zombies... e tamén tivemos a visita do "Señor dos Ollos do Silencio" que seguimos sen descubrir onde se escondeu. Foi unha mañá terrorífica onde o pasamos "de medo"...

sábado, 3 de noviembre de 2012

                                    KEITH HARING

Na aula de 4 anos A estamos a descubrir moitas cousas sobre o noso corpo, e neste proceso, descubrimos as obras de Keith Haring. 


Keith foi un dos iconos da xeración pop na ciudade de Nueva York, movemento encabezado por Andy Warhol. Comezou plasmando as súas obras en camiesetas e no metro desta cidade. Chegando a pintar sobre o muro de Berlín. 
As súas obras están basadas en siluetas, por iso axeitanse moi ben ao noso proxecto sobre o corpo.
                                           

A profe Geni explicounos moitas cousas deste artista.
                                    

Nos tamén experimentamos coas siluetas 



Noutra sesión fomos nos os artistas e comezamos a facer o noso propio cadro de siluetas. O resultado final queda para a próxima sesión

ANIVERSARIO DE MARTA E LUCIA

Marta e Lucía xa teñen 4 anos e esta foi a celebración dos seus cumples na aula.

ANIVERSARIO DE ANXO
O pasado mes de setembro Anxo cumpliu 4 anos, estas son as fotos da celebración no cole.

ANIVERSARIOS DO VERÁN
 Mentres estivemos de vacacións de verán Lola e Breo estiveron de aniversario e fai uns días que o celebramos no cole. Aquí tendes algunhas fotiños da celebración

martes, 29 de mayo de 2012

Esta semana visitáronnos as nosas familias par aensinarnos moitas cousas: tocar o acordeón, facer palmas.

lunes, 28 de mayo de 2012

OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Comezamos un obradoiro de estimulación da linguaxe coa profe Lore. Xogamos a limpar os beizos coa señora lingua. PASÁMOLO XENIAL embadurnándonos con NOCILLA!!!

lunes, 26 de marzo de 2012

LAURA E LUCÍA XA TEÑEN 4 ANOS



O PASADO MÉRCORES 14 DE MARZO CELEBRAMOS O CUMPLE DESTAS "MOZAS".
COMEMOS UNHA DELICIOSA TARTA DE CHOCOLATE QUE FIXO A SÚA MAMÁ.
E, POR SUPOSTO, AXUDÁMOSLLE A SOPRAR AS VELIÑAS.
FELICIDADES!!!!!, QUE CUMPRADES MOITOS MÁIS.

ENTROIDO 2012



TARDAMOS EN PUBLICAR ESTAS FOTOS, PERO A ESPERA MERECEU A PENA A QUE SÍ?
PASÁMOLO XENIAL
ESTABAN GUAPÍSIMOS OU NON?

miércoles, 21 de marzo de 2012

XA TEMOS CATRO ANOS

LUIS E MIGUEL XA SON UN ANO MÁIS GRANDES. AQUÍ PODEDES VER A NOSA FESTA. PASÁMOLO XENIAL!!!!!


lunes, 27 de febrero de 2012

AS NOSAS CANCIÓNS:

Pouco a pouco iremos colgando as cancións que cantamos na clase.
Así poderedes escoitalas e cantalas na casa, en familia.
A CANTAR
Los números: http://www.youtube.com/watch?v=-69eHd3SHSQ
Las vocales: http://www.youtube.com/watch?v=Asvc8tOlnfg&feature=related
Buenos días: http://www.youtube.com/watch?v=xkSob4DrQm0&feature=fvwrel

Xogamos con COCORICO

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado. Nisto escoitan un ruído na porta: É Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito…

Esperamos que vos encante xogar con este LIM.
CONTO E XOGO DE COCORICO

CANTAMOS CON COCORICO

CANCIÓN COCORICO En vista do gran éxito que ten esta canción cos nosos peques, optamos por poñela no blog para que a escoitedes as veces que queirades nas vosas casas.

domingo, 29 de enero de 2012

30 de Xaneiro día da Non Violencia e a Paz



Os nenos e nenas das aulas de 3-A e 3-B puxémonos mans á obra para celebrar o Día da Paz fancendo un mural coa Pomba da Paz de Picasso e as nosas mans estampadas.

Celebramos o aniversario de Ainhoa e Guille



Así de ben pasámolo celebrando que Ainhoa e Guille xa teñen 4 anos!!

miércoles, 11 de enero de 2012

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE




Despois de moita espera, por fín, aquí tendes algunhas das fotos dos niversarios do primeiro trimestre