"Oíndo, sabemos. Escoitando, comprendemos. Observando, comprobamos. Pensando, entendemos. Reflexionando, xuzgamos. Facendo, aprendemos. Vivindo, crecemos."



lunes, 27 de febrero de 2012

AS NOSAS CANCIÓNS:

Pouco a pouco iremos colgando as cancións que cantamos na clase.
Así poderedes escoitalas e cantalas na casa, en familia.
A CANTAR
Los números: http://www.youtube.com/watch?v=-69eHd3SHSQ
Las vocales: http://www.youtube.com/watch?v=Asvc8tOlnfg&feature=related
Buenos días: http://www.youtube.com/watch?v=xkSob4DrQm0&feature=fvwrel

Xogamos con COCORICO

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado. Nisto escoitan un ruído na porta: É Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito…

Esperamos que vos encante xogar con este LIM.
CONTO E XOGO DE COCORICO

CANTAMOS CON COCORICO

CANCIÓN COCORICO En vista do gran éxito que ten esta canción cos nosos peques, optamos por poñela no blog para que a escoitedes as veces que queirades nas vosas casas.